Hoxe en día escoitamos a miúdo a palabra “diálogo”. Por exemplo, para a “mesa de diálogo” entre os gobernos catalán e español, ou para facer unha proposta de paz entre rusos e ucraínos. Pero todos queremos dicir o mesmo cando falamos de “diálogo”?

Seguramente non, e por iso é importante que cada unha das partes poida expresar que significado lle dan. Se buscamos no dicionario atoparemos definicións como: “O diálogo é un intercambio de información entre dúas ou máis persoas. Pode ser oral ou escrito”.

Para o INSTA o diálogo vai máis aló, porque intercambiar información non é suficiente e podemos caer no “diálogo de xordos”. Para nós, o diálogo é unha ferramenta fundamental para a protección do medio ambiente (artigo), e identificamos tres elementos fundamentais a ter en conta:

  • Que sexa un acto voluntario

  • Que hai unha clara intención de escoitar e comprender ao outro

  • Utiliza un xeito de expresarte que faga máis doado que a outra persoa te escoite.

Nas próximas publicacións explicarémosche que metodoloxías utilizamos e que problemas atopamos e como os tratamos.