ZONAS DE TRABALLO

DEREITO AMBIENTAL

A normativa ambiental, como calquera outra rama do dereito, pode xerar dúbidas, confusión e cuestións que requiren aclaración por parte dos expertos. O INSTA ofrece asesoramento en materia de dereito ambiental para que particulares, administracións públicas e empresas dispoñan das mellores ferramentas xurídicas ambientais e comprendan como a lei pode facelos máis sostibles.

ESTUDOS AMBIENTAIS E TERRITORIAIS

O INSTA ofrece servizos de gabinete ambiental, dende o punto de vista técnico e xurídico, para a elaboración de instrumentos urbanísticos e territoriais, así como estudos de impacto ambiental e procesos de avaliación ambiental estratéxica.

DIÁLOGO AMBIENTAL

Un novo elemento diferencial do INSTA é a capacidade de xerar diálogo e vínculos entre os actores para contribuír a avanzar nunha política ambiental sostible e aceptada no territorio.

TRABALLAMOS XUNTOS

O compromiso coa protección do medio ambiente e a súa compatibilidade coa actividade humana é o ADN de Insta. O que nos motiva é traballar pola sustentabilidade baseándonos no dominio das ferramentas legais e no diálogo.