Servizos de consultoría ambiental, elaboración de estudos ambientais e análise territorial
Estudos Ambientais e Territoriaissonosmedia2026-04-15T14:27:34+00:00
Insta ofrece servizos de consultoría ambiental, desde unha perspectiva técnica e xurídica, para a elaboración de estudos ambientais, territoriais e urbanísticos, así como procesos de avaliación ambiental.
ASESORAMENTO EN MATERIA URBANÍSTICA E TERRITORIAL
Servizos de gabinete técnico e asesoramento na redacción de instrumentos de ordenación urbanística e territorial.
ESTUDOS DE IMPACTO AMBIENTAL DE PLANS, PROGRAMAS E PROXECTOS
Servizos de gabinete técnico e asesoramento en procesos de avaliación ambiental estratéxica de plans e programas, e na avaliación do impacto ambiental dos proxectos.
INSTA, cos seus coñecementos en Ciencias Ambientais e Dereito, ofrece unha ampla oferta de servizos de formación en materia ambiental. Trátase de servizos de formación á medida para abordar problemas e retos ambientais a diferentes escalas, materias e obxectivos.
ESTRATEXIAS SOSTIBLE PARA EMPRESAS, ENTIDADES E EVENTOS
Asesoramento personalizado na implementación da sustentabilidade en empresas, entidades e eventos. Elaboramos diagnósticos, plans de sustentabilidade e acompañámosche na posta en marcha das accións propostas.
Informe para Greenpeace España sobre a participación cidadá e a distribución xusta dos beneficios en proxectos renovablesInsta2025-12-30T07:55:46+00:00
Formación e creación de capacidades para a defensa dos dereitos ambientais dos colectivos vulnerables á emerxencia climáticaInsta2025-06-30T10:08:12+00:00
O compromiso coa protección do medio ambiente e a súa compatibilidade coa actividade humana é o ADN de Insta. O que nos motiva é traballar pola sustentabilidade baseándonos no dominio das ferramentas legais e no diálogo.