Project Description
No marco dunha análise promovida pola Climate Action Network Europe , o equipo formado por INSTA e Eudemon , organizamos unha serie de obradoiros nos que se avaliaron e contrastaron determinadas narrativas sobre a implantación das enerxías renovables. Durante estas sesións, diferentes persoas cunha voz crítica e fundamentada sobre a transición enerxética en Cataluña debateron sobre unha serie de mensaxes e declaracións arredor deste tema.