O INSTA presentou alegacións no trámite de audiencia e información pública do MITECO sobre o “ Proxecto de Real Decreto polo que se modifican determinados aspectos relacionados co autoconsumo de enerxía eléctrica e se fomenta o almacenamento distribuído ”, que actualiza e desenvolve o marco do RD 244/2019 .

O borrador deste Real Decreto propón, entre outras medidas, simplificar os procedementos , permitir a asociación simultánea con dúas modalidades , crear a modalidade con excedentes compartidos , introducir a figura do xestor de autoconsumo , flexibilizar a distancia en “instalacións próximas á rede” ata 5.000 m e regular o almacenamento distribuído .

Desde INSTA presentamos os nosos argumentos para contribuír , dende a práctica xurídica e técnica do sector, a un marco máis claro e operativo que facilite o despregamento do autoconsumo colectivo (e a promoción das comunidades enerxéticas), así como o almacenamento distribuído ; coa simplificación de procedementos, unha mellor información para os consumidores e garantindo a seguridade xurídica.

Entre as propostas rexistradas, destacan as seguintes: (i) ampliar tecnicamente o radio de 5.000 m a outras tecnoloxías de ata 5 MW e ao almacenamento distribuído ; e (ii) establecer silencio positivo se o xestor da rede incumpre prazos clave (por exemplo, activación da modalidade/coeficientes na data solicitada), para reducir os tempos de conexión para o autoconsumo colectivo.

🔗 Ligazón ao proxecto do Real Decreto