A Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) acolleu a xornada de traballo “Diálogos por unha Galicia Renovable”, que reuniu a case 20 representantes de empresas, universidades, administracións públicas e organizacións sociais vinculadas á enerxía para avanzar no deseño dun protocolo de comunicación e participación social nos procesos de despregamento de iniciativas de enerxías renovables.
A reunión foi organizada por REDS-SDSN España, Proxecto Eudemon e INSTA – Serveis Jurídics Ambientals, no marco do proxecto “Renovables co Territorio: unha visión compartida”, e contou coa colaboración da Fundación Juana de Vega, o Observatorio Eólico de Galicia, a Fundación Renovables e CISPAC. Durante a sesión, tratáronse cuestións clave como a identificación de actores, a delimitación territorial, os prazos, o papel da mediación profesional, os niveis de participación e as expectativas de acordos.
Os participantes coincidiron en que a participación debe ser auténtica e non limitarse a dinámicas superficiais ou meramente informativas.
Ligazón ás novas de REDS: https://reds-sdsn.es/la-jornada-dialogos-por-una-galicia-renovable-reflexiona-sobre-la-comunicacion-y-participacion-social-en-los-proyectos-de-energias-renovables/
Ligazón á entrevista a Gabriel Bernárdez Expósito (INSTA) en Radio Nacional de España: ( enlace )






