INSTA ofrece servizos no ámbito do dereito ambiental, orientados ao asesoramento a organismos públicos, empresas, entidades sen ánimo de lucro e particulares.
Na súa oferta de servizos, o equipo do INSTA está especializado en procedementos administrativos ambientais, elaboración e revisión de normativa ambiental, defensa xurídica e innovación en dereito ambiental.
APOIO XURÍDICO ÁS COMUNIDADES ENERXÉTICAS
Servizo de apoio xurídico na definición, constitución e funcionamento das comunidades enerxéticas. Axudámosche na redacción de estatutos, convenios, acordos entre as partes e outros documentos legais. Tamén te axudamos na gobernanza e dinamización social da comunidade.